Convocatoria de actividades de formación para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia
A Escola / Luns, 9 de Xuño de 2025.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 23 actividades de formación continua e 1.190 prazas para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia.
Persoas destinatarias: O persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Matrícula: dende o 10 ata o 16 de xuño de na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250609/AnuncioO150-300525-0001_gl.html