A Escola Galega de Administración Pública convoca no marco do Ciclo de conferencias sobre o presente e futuro do emprego público, o webinario Dereitos dixitais.
Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 5 de novembro e ata as 23:59 horas do 9 de novembro.