Convocadas as actividades de formación continua en materia de idiomas
A Escola / Mércores, 11 de Febreiro de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública convoca 54 actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de persoal técnico, de xestión e de administración e (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Matrícula: desde as 9 horas do 12 de febreiro ata as 14 horas do 18 de febreiro na área de matrícula da Escola. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres. Ademais, debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:
-
Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.
-
Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.