Curso de prevención de riscos laborais e intervención en incendios forestais e continxencias no medio rural e medio natural
A Escola / Luns, 9 de Marzo de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, ao abeiro dun convenio coa Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia), un curso en teleformación coa finalidade de capacitar as persoas traballadoras que asistan a estas edicións do curso a desenvolver funcións de apoio operativo en situacións de emerxencia e continxencia no medio natural, rural e forestal, aplicando criterios de prevención de riscos laborais, autoprotección e seguridade, e colaborando cos distintos grupos operativos de protección civil e extinción de incendios.
Persoal destinatario: Estas edicións do curso están dirixidas ás persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, os delegados e delegadas de prevención, de recursos preventivos, que traballen o traballasen nas categorías ou especialidades propias do SPIF na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolvan ou poidan desenvolver tarefas e actividades na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como os/as bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais conductores/as, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais conductores/as de motobomba, emisoristas/vixilantes do SPIF, operador codificador de datos do SPIF entre outros, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 10 de marzo ata as 14:00h horas do 16 de marzo na área de matrícula da EGAP.