A Escola Galega de Administración Pública convoca, no marco do ciclo de conferencias sobre Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento, o webinario Convenios administrativos: o uso do contrato para fins distintos da satisfacción de necesidades clientelares. Concepto, tipoloxía e fontes.
Persoas destinatarias: persoal empregado público da Administración autonómica galega, das súas entidades instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 13 de maio de ata as 23:59 horas do día 19 de maio.
Modo de impartición: telepresenza
Desenvolvemento: venres, 22 de maio de 2026, de 12:00 a 14:00 horas