Esta tarde reuníronse na EGAP e por videoconferencia os membros do equipo editorial da Revista Galega de Administración Pública (REGAP), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 71.
Esta nova publicación incluirá un estudo do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense de Madrid, Omar Bouazza Ariño, sobre Garantías e dereitos humanos ambientais e climáticos no orde interno e europeo, e outro do catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Alcalá, Guillermo Escobar Roca.
O próximo número da revista tamén conterá os estudos Discurso do odio e violencia política de xénero, do profesor de Dereito Constitucional da Universidade Complutense de Madrid, Ignacio Álvarez Rodríguez, e outro sobre a protección dos datos no contexto dos sistemas automatizados, do doutor en Dereito na Universidade de Santiago, Carlos de Román Castro.
Ademais, o próximo número da revista incorporará comentarios adicados á lexislación deportiva, a protección da infancia e os principios constitucionais; a intelixencia artificial e as súas comparacións e aplicacións entre España e Italia, e o réxime sancionador dos patíns eléctricos.
Finalmente, a revista conterá varias recensións do doutor en Dereito na Universidade de Castela-A Mancha, José Enrique Candela, e do doutor de Dereito na Universidade de Vigo, Gabriel Vidal Cernadas, entre outros.
Todos estes artigos estarán dispoñibles nas próximas semanas na páxina web da
Escola en versión electrónica e o seu acceso e descarga será libre.