Persoas destinatarias: o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 4 de xuño de 2026 ata as 14:00 horas do 11 de xuño na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.