CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026
Premios 2026 / Mércores, 8 de Abril de 2026.
Entre outros actos de homenaxe ao Día das Letras Galegas e neste ano, en especial, á autora e xornalista Begoña Caamaño, convócase o Premio de literatura infantil e xuvenil dirixido a nenas e nenos con veciñanza administrativa na Comunidade Autónoma de Galicia, co propósito de desenvolver as súas habilidades, espírito creativo e capacidade para artellar historias mediante a expresión escrita en lingua galega.