Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de n  

    A Escola convoca una praza de persoal investigador

    Contratación temporal / Mércores, 4 de Decembro de 2013.

    No DOG do 4 de decembro de 2013, a EGAP publica as bases para a contratación temporal, pola modalidade de obra ou servizo determinado, dun doutor en psicoloxía ou socioloxía para realizar proxectos de investigación.

    As funcións e tarefas principais asociadas á praza serán a participación no deseño final da investigación sobre construción dunha metodoloxía para a análise e avaliación das necesidades formativas e da transferencia da formación ao posto de traballo; a revisión crítica da literatura especializada e de investigacións precedentes sobre a materia do proxecto, incluíndo a avaliación dos traballos realizados previamente na EGAP e noutras escolas ou institutos de administración pública; o deseño, validación e aplicación de instrumentos de produción de datos, incluíndo a redacción de cuestionarios, guións de entrevistas ou focus groups e a preparación de protocolos de recollida de información que serán utilizados na investigación sobre necesidades formativas e transferencia da formación ao posto de traballo; o deseño de mostras que permitan o estudo das necesidades formativas e prácticas de transferencia da formación ao posto de traballo por parte dos empregados públicos galegos; a supervisión do traballo de produción de datos para o fin establecido; a codificación, depuración e sistematización de bases de datos resultantes; a planificación e realización de análise de datos aplicando as ferramentas técnicas requiridas; en particular, construción de modelos causais utilizando as técnicas de análise da estrutura das covarianzas; a elaboración, a partir das análises previas, dunha proposta metodolóxica final para a detección das necesidades formativas e a avaliación da transferencia da formación ao posto de traballo, que debe ser formalizada nun protocolo estandarizado aplicable polos xestores dos programas formativos da EGAP; a redacción de informes de resultados da investigación e de propostas de aplicación á programación da formación do persoal ao servizo das administracións públicas galegas.

    O desempeño destas tarefas require dominio de técnicas estatísticas e psicométricas e coñecementos avanzados sobre (e experiencia previa en) todas as fases da investigación con enquisas no ámbito das administracións públicas.

    O prazo de presentación de solicitudes será do 5 ao 14 de decembro.
  • Recursos
  •   Contratación temporal dun investigador na Escola Galega de Administración Pública  
  •   Nomeamento dos membros da comisión de avaliación para a contratación dun investigador.  
  •   Listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos  
  •   Listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos  
  •   Valoración provisional dos méritos dos aspirantes admitidos  
  •   Valoración definitiva dos méritos dos aspirantes admitidos  
  •   Convocatoria para a segunda fase do proceso selectivo (entrevista)  
  •   Valoración dos candidatos entrevistados  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1 de 2
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212