A ciencia do dereito recoñece que a Constitución cumpre tres funcións esenciais: dar lexitimidade a quen exerce o poder político, recoñecer e garantir os dereitos e as liberdades da cidadanía e constituírse como lei suprema no conxunto do ordenamento xurídico. En concreto, a Constitución española de 1978, ademais de restablecer a democracia e o Estado de dereito tras décadas de autoritarismo, asentou as bases dunha economía de mercado con seguridade xurídica, unhas infraestruturas sólidas, uns servizos públicos de calidade e unha facenda pública con capacidade fiscal. A súa aprobación foi esencial para iniciar o camiño cara ao Estado de benestar e á cultura democrática que debe imperar nos territorios.
Con motivo do corenta aniversario da nosa Carta Magna, celébrase esta xornada co obxectivo de aludir ao seu valor e debater arredor da súa posible e controvertida reforma, o procedemento para levala a cabo e as consecuencias que se poidan producir.
SANTIAGO |