Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU19016 - VII Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro: reformas de 2018, economía, sociedade e cultura dixitais
Imaxe Curso/Xornada

O congreso analizará as reformas normativas de 2018 en materia de prevención e represión do branqueo de diñeiro así como a súa incidencia na economía, sociedade e cultura dixitais e conta cos máis destacados especialistas nacionais na materia. En particular, analizaranse a Directiva de 2018/843 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, pola que se modifica a Directiva 2015/849 relativa á prevención da utilización do sistema financeiro para o branqueo de capitais ou o financiamento do terrorismo, e a nova normativa de prevención do mesmo ano que, mediante o Real decreto lei 11/2018, do 31 de agosto, modificou a Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
O obxectivo principal do congreso é atender a manifesta demanda social, científica e económica sobre a prevención e represión do branqueo de diñeiro. Sobre todo preténdese, neste ámbito sometido a constantes modificacións nas normativas nacionais e internacionais, actualizar e perfeccionar a discusión e formación, ante as reformas dos últimos meses, penais, tributarias, administrativas e comunitarias.
Destacarase especialmente a incidencia da normativa de prevención do branqueo na actividade administrativa e as obrigacións e deberes do persoal ao servizo da Administración pública. Destacarase, ademáis, o evidente perigo que presentan as novas tecnoloxías no branqueo de diñeiro, como advirte a Directiva de 2018/843 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, perigo a que se suma a posibilidade de que se instrumentalice o persoal empregado público, entidades financeiras, empresas, economistas e avogados para o branqueo de diñeiro.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
18/07/2019
Fin
19/07/2019
Prazas
286
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212