Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV19054 - II xornada Auditoría do sector público
Imaxe Curso/Xornada

Nun escenario no que a contratación do sector público é unha actividade tan relevante para a economía do noso país que representa ao redor dun 13 % do PIB, a axeitada regulación da contratación do sector público é un instrumento clave e necesario para acadar os obxectivos de eficiencia na xestión dos recursos públicos.
Neste contexto, e recollendo a testemuña e o éxito da I xornada de Auditoría do sector público celebrada o ano pasado, a segunda edición pivotará sobre a experiencia e particularidades detectadas no primeiro ano de aplicación do Real decreto 424/2017, do 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do sector público local.
Ademais, abordaranse outros temas de indiscutible interese para os e as profesionais da auditoría tales como a adaptación das normas internacionais de auditoría para a súa aplicación en España (NIA-ES) ao sector público, ou o rol que debe xogar o Compliance no dito sector, como garante dos necesarios marcos de integridade institucional e códigos de bo goberno nas institucións públicas.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO
Inicio
13/09/2019
Fin
13/09/2019
Prazas
286
Programa
Conferencia inaugural da II xornada Auditoría do Sector Público
Venres, 13 de Setembro de 2019.
Conferencia inaugural

Almudena Chacón Pichel, interventora xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
  •  
    •   Video
    •   Audio

Adaptación NIA-ES ao sector público
Venres, 13 de Setembro de 2019.
Adaptación NIA-ES ao sector público

Cándido Gutiérrez García, auditor nacional director de equipos da ONA (Oficina Nacional de Auditoría)
Modera: Agustín Fernández Pérez, membro do Consello Directivo e do Comité de Auditoría do Sector Público do REA (Registro de Economistas Auditores del Consejo General de Economistas de España)
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Compliance no sector público
Venres, 13 de Setembro de 2019.
Compliance no sector público

Eloy Morán Méndez, auditor da Área Institucional do Consello de Contas de Galicia
Concepción Campos Acuña, secretaria de goberno local do Concello de Vigo
Modera: Miguel Ángel Cabezas de Herrera Pérez, presidente da Fundación FIASEP
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Problemática da aplicación do RD 424/2017
Venres, 13 de Setembro de 2019.
Problemática da aplicación do RD 424/2017

Juan Bautista Suárez Ramos, viceinterventor da Deputación da Coruña
Begoña Villaverde Gómez, conselleira da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia
Modera: José Antonio Rueda Valenzuela, presidente do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Coruña
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Presentación de guías REA-Auditores Sector Público e clausura da xornada
Venres, 13 de Setembro de 2019.
Presentación de guías REA-Auditores Sector Público e clausura da xornada

Emilio Álvarez Pérez-Bedía, presidente do Comité de Auditoría do Sector Público de REA Auditores
Miguel A. Vázquez Taín, decano-presidente do Colexio de Economistas da Coruña
Constantino Carreiras Souto, conselleiro da Área de Contas Xerais do Consello de Contas
Modera: Sonia Rodríguez-Campos González, directora da EGAP
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212