No marco da loita xeral contra a precarización no emprego público, o Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, incorporou ao ordenamento español un novo artigo, o 10 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, que comporta a renovación técnica da figura do funcionario interino. E o fai mediante a imposición dunha temporalidade limitada, un maior distanciamento respecto da aplicación das regras previstas para a función pública de carreira e unha maior flexibilidade no réxime de nomeamentos e ceses de este persoal, de cara a garantir a adecuada utilización desta modalidade de persoal.
O obxectivo deste webinario é dar a coñecer a reforma contida no Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e en concreto, o estudo do alcance que ten respecto do réxime do persoal funcionario interino.
TELEPRESENZA |