A Directiva (UE) nº 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro
de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da
Unión, abriu un período de adaptación normativa e executiva que tiña como finalidade incorporar as súas previsións, previsións que o sector público debería cumprir antes do 17
de decembro de 2021.
Un dos instrumentos substantivos do sistema institucional deseñado para a protección
do denunciante é a posta en marcha de canles internas efectivas para a tramitación das
denuncias, poñendo en marcha as vías adecuadas para a súa tramitación e garantindo a
protección do denunciante.
A directiva establece as normas mínimas para que os Estados membros introduzan
e manteñan as disposicións que sexan máis favorables, polo que os distintos niveis da
Administración deben regular o seu deseño e adopción dentro do marco de integridade
institucional. Neste sentido, este webinario pretende dar a coñecer o contido da Directiva e
o Plan de prevención de riscos de xestión que adoptou a Comunidade Autónoma de Galicia
a finais do ano 2021 e que está plenamente vixente.
MIXTO |