Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU10004 - Xornada sobre estrutura e contido da memoria do análise do impacto normativo para a defensa da competencia
Imaxe Curso/Xornada

A competencia é un proceso básico para o desenvolvemento económico de calquera sociedade, xa que contribúe a incrementar eficiencia do sistema produtivo. Esta eficiencia trasládase aos consumidores en forma de menores prezos o aumento da cantidade, calidade e variedade dos produtos.
O labor de promoción da competencia fai referencia a todas aquelas actuacións orientadas ao fomento dunha contorna competitiva mediante o recurso a  mecanismos non coactivos.
Unha alternativa relevante da política de promoción da competencia é o control dos proxectos normativos, xa que en ocasións sucede que é a propia actuación dos poderes públicos a que introduce distorsións na competencia nos mercados. A partir desta idea estanse a establecer sistemas de avaliación dos proxectos normativos inspirados nos criterios e procedementos propostos pola OCDE.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
19/02/2010
Fin
19/02/2010
Prazas
289
Programa
Inauguración da xornada
Venres, 19 de Febreiro de 2010.

Breve introdución da lei 6/2004, reguladora dos órganos de defensa da competencia da comunidade autónoma de Galicia. Tamén se explica a grosso modo as funcións dos dous organismos creados por esta norma: o Servizo Galego de Defensa da Competencia e o Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
José Antonio Varela González, presidente do Tribunal Galego de Defensa da Competencia

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Estrutura e contido da memoria da análise do impacto normativo para a defensa da competencia.
Venres, 19 de Febreiro de 2010.

Xustificación da necesidade de existencia dun réxime competitivo a pesar de que non sempre resulta fácil para os axentes económicos. A inexistencia da libre competencia vulnera o interese público e os beneficios dos consumidores, levando ás empresas á ineficiencia. Como puntos puntos positivos da libre competencia destácase a mellora das empresas na súa xestión, produción e innovación; a eliminación do mercado das empresas menos eficientes; o incremento da produtividade e a mellora das posibilidades de competir en mercados internacionais. Resáltanse as principais áreas de traballo da Comisión Nacional da Competencia, como son a persecución de prácticas anticompetitivas, o control de concentracións ou a promoción da competencia a través de estudos sectoriais, informes sobre proxectos normativos, axudas públicas e guías. Finalmente explícanse os pasos precisos para elaborar unha guía da competencia.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Regulación e competencia. Experiencia de Andalucía.
Venres, 19 de Febreiro de 2010.

Explicación da necesidade de realizar un informe de competencia á hora de crear novas leis e disposicións de carácter regulamentario. Esta análise é levada a cabo polo Consello de Defensa da Competencia, pero antes o lexislador debe elaborar un test para detectar unha potencial limitación do libre acceso das empresas ao mercado. Este test pretende descubrir se a norma implica demasiadas esixencias para entrar nunha actividade determinada, ademais de coñecer as restricións á competencia entre empresas que xa están no mercado.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura da xornada
Venres, 19 de Febreiro de 2010.

José Antonio Varela despide aos asistentes destacando as ideas principais dos relatorios anteriores. Finalmente Pablo Figueroa Dorrego agradece a presenza aos relatores e clausura a xornada.

Pablo Figueroa Dorrego, Director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
José Antonio Varela González, Presidente do Tribunal Galego de Defensa da Competencia

  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212