Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU10001 - Xornada sobre a protección da legalidade urbanística
Imaxe Curso/Xornada

A disciplina urbanística é o conxunto de instrumentos e poderes xurídicos de que dispoñen os concellos e a comunidade autónoma, dirixidos a evitar que os actos de edificación e uso do solo infrinxan a normativa e o planeamento urbanístico e, en caso de producirse o ilícito, repoñer a realidade física alterada á situación anterior á actuación ilegal, sancionar
os responsables da infracción urbanística e exixir a indemnización dos danos e perdas causados.
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística é o instrumento organizativo de colaboración entre a comunidade autónoma e os concellos que voluntariamente se integren nela, para o exercicio en común das competencias en materia de disciplina urbanística.
O obxectivo desta xornada é mellorar o coñecemento sobre a Axencia de Protección da Legalidade, os seus obxectivos, prioridades e actividade realizadas, así como acadar un maior grao de coordinación coa actuación urbanística dos concellos integrados nela.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
29/01/2010
Fin
29/01/2010
Prazas
500
Programa
Inauguración.
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Os mecanismos de control preventivo. A licenza urbanística municipal. A autorización urbanística autonómica para usos en solo rústico. A inspección e vixilancia autonómica.
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

A licenza; definida na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA) coma unha competencia municipal que debe ir acompañada de informes técnicos e xurídicos dos servizos municipais; é un dos mecanismos de control preventivo da legalidade urbanística. Ten a finalidade de comprobar que os actos de ocupación e edificación do solo son coherentes e cumpren o ordenamento xurídico vixente; e de examinar a salubridade, habitabilidade, seguridade e accesibilidade. Analízase o procedemento de concesión das mesmas explicando as súas peculiaridades e prazos, facendo mención á Directiva 2006/123/CE do Parlamento europeo e do Consello de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior da Unión Europea (UE) e aos obxectivos desta, acadados principalmente a través da eliminación de burocracia e mecanismos de intervención administrativa (sobre todo as referidas ás autorizacións previas), así coma da petición de suspensión, tanto por parte do interesado como da administración, analizando as causas e procedementos.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A investigación de ilícitos urbanísticos. A acción de reposición da legalidade urbanística por obras sen licenza urbanística ou sen autorización autonómica. A execución das ordes de demolición.
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

A inspección urbanística é a actividade que os órganos competentes en materia de edificación e uso do solo realizan coa finalidade de comprobar que as obras executadas están amparadas na respectiva licenza urbanística municipal, e no seu caso, na autorización urbanística autonómica esixida na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA). As persoas encargadas de levar a cabo esta función na comunidade autónoma son consideradas como axente de autoridade, polo que os feitos constatados por eles posúen valor probatorio e presunción de veracidade. Teñen potestade para abrir expedientes de investigación, que poden concluír coa apreciación dunha posible infracción urbanística, caso no que se trasladará ao alcalde ou á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, dependendo das competencias de cada órgano, para a posible iniciación dun expediente de reposición da legalidade urbanística.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

As infraccións urbanísticas. Persoas responsables. Sancións.
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

Resumo das infracción urbanísticas recollidas na LOUGA, facendo referencia á súa gravidade (moi graves, graves e leves) e aos posibles culpables, entre os que se atopan os promotores, os propietarios, os empresarios das obras, os técnicos proxectistas, etc. Ademais, analízanse os delitos vinculados co urbanismo que se prevén no código penal. Estes poden clasificarse en dous: os cometidos por particulares (artigo 319 do Código Penal) e os que se cometen por autoridades e funcionarios (artigo 320 do Código Penal). A través de exemplos tamén se explican as sancións no caso de causar danos en bens de valor cultural, histórico, artístico ou monumental. Finalmente explícase a responsabilidade legal dos diferentes actores que participan nas actividades urbanísticas.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Natureza xurídica. Integración dos concellos. Funcións. Estrutura organizativa. O plan de inspección urbanística para o ano 2010. Obxectivos. Actuacións prioritarias.
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

Explicación das funcións e das competencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, incluíndo a normativa que a regula, os concellos que a integran e o seu labor de inspección urbanística. Resúmese a actividade da Axencia durante o ano 2009, ofrecendo unha visión detallada e cifras das operacións de inspección de vixilancia urbanística, de investigación de ilícitos urbanísticos, de paralización de obras, de execución de ordes de demolición, de sancións, de recursos administrativos, de asesoramento a concellos e cidadáns, e de sentenzas. Móstranse numerosas fotografías con casos de demolición e ofrécense as conclusións ás que chegou a Axencia despois deste ano. Por último preséntase o Plan de Inspección Urbanística para o ano 2010, dando a coñecer os seus obxectivos principais, as liñas de actuación prioritarias e a execución e seguimento do Plan.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Mesa redonda: A disciplina urbanística.
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

Perfecto Rodríguez Muíños fai referencia ao problema que existe na conciencia da sociedade con respecto ao urbanismo, xa que se ten moi pouco respecto ás normas. Considera fundamental a existencia da APLU e que se comecen a tomar medidas firmes para cambiar a mentalidade da poboación. Julio Ignacio Iglesias fala dos fracasos sucesivos das normativas que se proxectaron sobre o territorio nos últimos anos, unha situación que pon de manifesto unha falta de cultura na clase política. Ve prioritaria a creación dun gran pacto sobre o territorio que implique a todas as forzas políticas e que a Axencia se converta nun punto de diálogo. Rosa Magdalena Fernández considera á APLU un instrumento útil no que deberían integrarse todos os concellos galegos. Delmiro Núñez Méndez comenta a sensación de impunidade que se dá no ámbito urbanístico, aínda que a situación está comezando a mudar. Tamén fai fincapé en que se dote aos concellos dos medios humanos precisos para facer un urbanismo de calidade.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura da xornada
Venres, 29 de Xaneiro de 2010.

Pablo Figueroa Dorrego, Director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212