Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09031 - Xornada sobre internet e servizos en nube: Retos e oportunidades para a empresa e a administración
Imaxe Curso/Xornada

Esta Xornada, absolutamente pioneira en España, analizará a prestación de servizos “en nube” (cloud computing), hoxe en día o desenvolvemento de maior envergadura en Internet. Utilidades que de ordinario só se prestan dende o propio ordenador ou rede corporativa, comezan a ofrecerse en cada vez maior medida a través da Rede: contas de correo electrónico, tratamento de textos ou programas esenciais para Administracións ou empresas (para xestionar nóminas, por exemplo). En virtude diso, os datos deixan de almacenarse nos servidores do usuario (Administración, empresa, individuo), para facelo nos da empresa que presta o servizo, ou como algúns prefiren dicir, en Internet, na “nube”. Esta evolución producirá sen dúbida importantes vantaxes para a Administración e a empresa (maior cooperación e aforro de custos, entre outras moitas), aínda que tamén apunta serios riscos (intimidade e protección de datos, ou seguridade destes).

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
14/12/2009
Fin
14/12/2009
Prazas
298
Programa
Inauguración
Luns, 14 de Decembro de 2009.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A nube no universo de internet
Luns, 14 de Decembro de 2009.

Introdución ao concepto de “Cloud computing”, definindo o que é a nube, os seus obxectivos e os seus fundamentos. Ofrece un resumo histórico da evolución do concepto e relata os seus inconvenientes e as súas vantaxes, destacando entre estas últimas a oportunidade que supón para as administracións públicas. Ofrecése unha visión das arquitecturas das tecnoloxías da información explicando os seus obxectivos e relacionándoa coa evolución dos equipos informáticos e dos modos de conexión entre usuarios.

Tamén se explica o termo Grid e dáse conta das súas funcionalidades, destacando o problema da integración dos sistemas de información coas diferentes plataformas e tecnoloxías. Ademais, faise referencia ás capacidades e características da web semántica e dos servizos que ofrece. Por último clasifícase a nube en privada, híbrida e pública; explicando brevemente as características de cada unha.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Mesa redonda: A nube na industria.
Luns, 14 de Decembro de 2009.

César de la Torre fai un pequeno resumo do cloud computing e da xestión da mesma por parte da empresa da que forma parte. Refírese ás distintas preocupacións e riscos que ten o usuario con respecto á nube, destacando os problemas de seguridade e privacidade. Resalta a capacidade do cloud computing para adaptarse ao tráfico xerado polos usuarios, permitindo un modelo de pago por consumo. Finalmente repasa os principais modelos de Cloud Computing ofrecidos polas principais empresas presentes na industria.

Raúl Duque define o cloud computing e presenta como principal vantaxe o feito de que o usuario non require de coñecementos previos, experiencia ou control da infraestrutura tecnolóxica. Continúa explicando os diferentes servizos que ofrece a nube e destacando algunhas vantaxes (axilidade, baixo custe) e inconvenientes (seguridade, niveis de calidade e integración de aplicacións). Finaliza a súa intervención referíndose ao uso do cloud dentro das empresas e á diferenza entre a nube pública e privada.

Esaú Alonso centrouse na estratexia da súa compañía con respecto ao Cloud Computing. Tamén destacou o crecemento da inversión das empresas nesta nova tecnoloxía.

Interveñen:

- César de la Torre Llorente, architect advisor, Microsoft División de Desarrolladores y Plataforma.

- Raúl Duque, director de pre-vendas de Oracle.

- Esaú Alonso Elizo, director de Sector Público de Salesforce.

- Jorge Villarino Marzo, letrado das Cortes Xerais, candidato a Doutor na Cátedra de Dereito e Goberno de Internet, Universidade Internacional de La Rioja.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O dereito ante a nube
Luns, 14 de Decembro de 2009.

Resumo das medidas legais tomadas con referencia á nube de internet tendo en conta concepto de neutralidade, é dicir, que os contidos e datos poidan fluír sen trabas, que se poidan trasladar os datos dunha nube a outra sen dificultade. Deste xeito, a lexislación ten que permitir realizar este trámite dunha maneira segura para as compañías.

Danse a coñecer tres visións con respecto á neutralidade que van desde o ciberanarquismo ata a regulación da rede por parte dos gobernos. Tamén se ofrece unha crítica á sección de contidos por país e avoga por unha neutralidade tecnolóxica que impoña certos límites á liberdade de expresión (defensa dos menores, da propiedade intelectual...) e que favoreza a libre competencia.

Finalmente expóñense os principais problemas legais que existen na nube, entre os que destacou a desigual protección de datos persoais nos diferentes países do mundo, a existencia de servidores en diferentes lugares e a regulación dos dereitos de autor.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A nube e as súas implicacións para a política e a Administración.
Luns, 14 de Decembro de 2009.

Mostra de como aplicar de maneira útil a nube nas administracións públicas, usando como exemplo a experiencia do Congreso dos Deputados.

Resúmense as vantaxes que supón o cloud computing, entre as que destaca o pago por uso, unha maior racionalidade no emprego dos recursos, a creación dun estándar que permita a homoxeneización dos diferentes departamentos e unha evolución máis fácil que permite cambios máis rápidos e sinxelos. Entre os inconvenientes destacan os problemas co largo de banda, a protección dos datos e a sensación de pouca seguridade.

Tamén se expoñen as esixencias para empregar o cloud computing na administración, xa que hai que definir unha nova infraestrutura e dimensionala de maneira adecuada para evitar a falla ou o exceso de capacidade, e contar con técnicos capacitados e con coñecementos sobre a nube.

  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212