Resumo das medidas legais tomadas con referencia á nube de internet tendo en conta concepto de neutralidade, é dicir, que os contidos e datos poidan fluír sen trabas, que se poidan trasladar os datos dunha nube a outra sen dificultade. Deste xeito, a lexislación ten que permitir realizar este trámite dunha maneira segura para as compañías.
Danse a coñecer tres visións con respecto á neutralidade que van desde o ciberanarquismo ata a regulación da rede por parte dos gobernos. Tamén se ofrece unha crítica á sección de contidos por país e avoga por unha neutralidade tecnolóxica que impoña certos límites á liberdade de expresión (defensa dos menores, da propiedade intelectual...) e que favoreza a libre competencia.
Finalmente expóñense os principais problemas legais que existen na nube, entre os que destacou a desigual protección de datos persoais nos diferentes países do mundo, a existencia de servidores en diferentes lugares e a regulación dos dereitos de autor.