Introdución ao concepto de “Cloud computing”, definindo o que é a nube, os seus obxectivos e os seus fundamentos. Ofrece un resumo histórico da evolución do concepto e relata os seus inconvenientes e as súas vantaxes, destacando entre estas últimas a oportunidade que supón para as administracións públicas. Ofrecése unha visión das arquitecturas das tecnoloxías da información explicando os seus obxectivos e relacionándoa coa evolución dos equipos informáticos e dos modos de conexión entre usuarios.
Tamén se explica o termo Grid e dáse conta das súas funcionalidades, destacando o problema da integración dos sistemas de información coas diferentes plataformas e tecnoloxías. Ademais, faise referencia ás capacidades e características da web semántica e dos servizos que ofrece. Por último clasifícase a nube en privada, híbrida e pública; explicando brevemente as características de cada unha.