Perfecto Rodríguez Muíños fai referencia ao problema que existe na conciencia da sociedade con respecto ao urbanismo, xa que se ten moi pouco respecto ás normas. Considera fundamental a existencia da APLU e que se comecen a tomar medidas firmes para cambiar a mentalidade da poboación. Julio Ignacio Iglesias fala dos fracasos sucesivos das normativas que se proxectaron sobre o territorio nos últimos anos, unha situación que pon de manifesto unha falta de cultura na clase política. Ve prioritaria a creación dun gran pacto sobre o territorio que implique a todas as forzas políticas e que a Axencia se converta nun punto de diálogo. Rosa Magdalena Fernández considera á APLU un instrumento útil no que deberían integrarse todos os concellos galegos. Delmiro Núñez Méndez comenta a sensación de impunidade que se dá no ámbito urbanístico, aínda que a situación está comezando a mudar. Tamén fai fincapé en que se dote aos concellos dos medios humanos precisos para facer un urbanismo de calidade.