Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU10012 - Xornada sobre a reforma da Lei de ordenación urbanística de Galicia.
Imaxe Curso/Xornada

A recente promulgación da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que entrou en vigor o 21 de abril do presente ano, fai preciso unha actividade de divulgación das importantes invocacións normativas que introduce. En primeiro lugar, as reformas en materia de aprobación de plans urbanísticos, coas maiores competencias
municipais, a simplificación de trámites e o acurtamento dos prazos, o que levará consigo unha maior flexibilidade e axilidade neste ámbito. En segundo lugar, e conforme as prescricións da normativa comunitaria, o procedemento de avaliación ambiental estratéxica pasa a formar parte do contido dos instrumentos de ordenación do territorio e da implantación urbanística, que ven reforzados os seus aspectos ambientais. En terceiro lugar, dótase dun novo estatuto o solo rústico e do núcleo rural para os efectos de lograr unha maior eficacia na súa xestión. Por último, articúlanse unha serie de medidas que pretenden dotar de maior seguridade xurídica e estabilidade o tráfico inmobiliario, en especial en materia de edificios fóra de ordenación, e de determinadas tipoloxías de edificacións sen licenza.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
04/05/2010
Fin
04/05/2010
Prazas
400
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212