A finalidade do I Foro de Emprego Público é realizar unha foto para tratar as cuestións que se suscitan tras a entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público, desde o coñecemento, a reflexión e o debate, mediante persoas expertas de recoñecido prestixio.
A perspectiva de estudo non é exclusivamente xurídica, xa que a análise será conveniente realizala acudindo a outros enfoques que permitan un tratamento máis integral, que abordarse desde a plusrisdisciplinariedade.
PU10011SA |
O profesor Ferret i Jacas expón unha visión realista acerca das dificultades inherentes ao desenvolvemento do EBEP e ofrece unha valoración xeral acerca do Estatuto Básico do Empregado Público, con referencia ás dificultades existentes polo momento en que “naceu” o EBEP, ao intento que esta norma realiza de regulación conxunta do persoal funcionario e laboral, ou á ampla marxe de desenvolvemento que o Estatuto deixa ás CCAA.
A avaliación do desempeño configúrase como a gran novidade do EBEP e, ao fío disto, plantéxase a dificultade que representa poñela en práctica no caso do persoal directivo.
Ponse de manifesto, como primeira idea, que, se ben xa pasaron varios anos dende a publicación do EBEP, non foi ditada ningunha lei integral de desenvolvemento do mesmo. Afonda nas características técnicas do EBEP e o proceso de desenvolvemento en Galicia.
Explícanse algúns dos puntos máis destacables da nova lexislación autonómica en desenvolvemento do EBEP (en elaboración e ofrécese unha visión integral acerca do desenvolvemento do Estatuto Básico na CCAA de Galicia.
Visión xeral da problemática do acoso psicolóxico tomando en consideración que non existe unha lexislación específica e que a maioría das Administracións Públicas non teñen desenvoltos protocolos de actuación.
Sinálase á Administración Pública como o ámbito onde máis prevalencia do mobbing se atopa e, entre as causas, apúntase á burocratización e exhaustiva regulamentación e o estilo de liderado (caracterizado por non tomar decisións).
Dado que o acoso psicolóxico se converte para as vítimas nun risco laboral psicosocial, tanto as empresas como as Administracións Públicas deben considerar como unha obriga propia atallar as condutas deste tipo.
Por todo o anterior, existe a necesidade de apostar pola prevención e de que as Administracións Públicas incorporen protocolos de actuación específicos.
O relator apunta que o acoso psicolóxico debe ser concibido no marco dun concepto moito máis amplo: os riscos psicosociais e, no seu estudo, deben ser tomados en consideración unha multiplicidade de elementos vinculados ao posto de traballo, á organización dos RRHH e ás políticas de persoal que se establezan.
O profesor insiste nunha serie de aspectos de suma importancia en materia preventiva: a vertente disciplinaria, coa necesidade de establecer sancións eficaces, a importancia do sistema de formación e información dos traballadores, ou a necesidade de recoller o acoso psicolóxico nos protocolos de vixilancia da saúde.
O relator adoita unha perspectiva controvertida con respecto á modificación do artigo 173 do Código Penal, ao cuestionar a bondade da técnica lexislativa prevista, isto é, o posible desacerto de introducir no Código Penal un precepto para incriminar determinadas condutas, cando, segundo apunta, teñen tutela específica no ámbito civil, laboral e administrativo.
Ao fío desta análise, é abordada a consideración da “reiteración” e a “gravidade” do acoso, por canto é posible que se xere certa inseguridade no momento de determinar valorativamente os actos de acoso.
Abórdase o concepto de “acoso psicolóxico” e como, a medida que avanzaron as investigacións, se lle foron engadindo matices. Existen poucos estudos sobre esta materia centrados no ámbito da Universidade e as conclusión ás que chegan en canto aos niveis de acoso resultan ademais dispares, debido á utilización de diferentes escalas.
Faise referencia ao Sistema Universitario Galega e aos mecanismos existentes para loitar contra o acoso psicolóxico.
O profesor Nieto ofrece unha perspectiva crítica respecto da ética na AAPP, concepto que está en boga na época actual , e argumenta a súa postura a partir dunha serie de proposicións sinxelas.
Unha idea clave exposta polo relator é que as normas non poden en ningún caso entrar no foro interno dos funcionarios. O único que pode esixir unha norma, sinala, é que o empregado público actúe dun xeito determinado, pero en modo algún pode entrar na esfera dos valores deste persoal. Alude, así pois, á absoluta liberdade valorativa do empregado público e ao carácter rigurosamente subxectivo e persoal dos valores.
Mellorar a organización, mellorando as persoas
O desenvolvemento do Estatuto do Empregado Público, experiencias e leccións.