O relator apunta que o acoso psicolóxico debe ser concibido no marco dun concepto moito máis amplo: os riscos psicosociais e, no seu estudo, deben ser tomados en consideración unha multiplicidade de elementos vinculados ao posto de traballo, á organización dos RRHH e ás políticas de persoal que se establezan.
O profesor insiste nunha serie de aspectos de suma importancia en materia preventiva: a vertente disciplinaria, coa necesidade de establecer sancións eficaces, a importancia do sistema de formación e información dos traballadores, ou a necesidade de recoller o acoso psicolóxico nos protocolos de vixilancia da saúde.