Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
PU10017 - Novas Xornadas sobre A Reforma da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

A recente promulgación da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que entrou en vigor o 21 de abril do presente ano, fai preciso unha actividade de divulgación das importantes innovacións normativas que introduce. En primeiro lugar, as reformas en materia de aprobación de plans urbanísticos, coas maiores competencias municipais, a simplificación de trámites e o acurtamento dos prazos, o que levará consigo unha maior flexibilidade e axilidade neste ámbito. En segundo lugar, e conforme ás prescricións da normativa comunitaria, o procedemento de avaliación ambiental estratéxica pasa a formar parte do contido dos instrumentos de ordenación do territorio e do planeamento urbanístico, que ven reforzados os seus aspectos ambientais. En terceiro lugar dótase dun novo estatuto ó solo rústico e do núcleo rural a efectos de lograr unha maior eficacia na súa xestión. Por último articúlanse unha serie de medidas que pretenden dotar de maior seguridade xurídica e estabilidade o tráfico inmobiliario, en especial en materia de edificios fora de ordenación, e de determinadas tipoloxías de edificacións sen licenza.
O pasado día 4 tivo lugar a celebración dunha Xornada sobre a reforma da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia realizada en Santiago de Compostela. Debido ao interese suscitado por esta, a Escola Galega de Administración Pública en colaboración coa Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, consideran oportuno reeditar esta acción formativa, en diversas cidades de Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
CORUÑA
Localidade
A Coruña
Inicio
26/05/2010
Fin
26/05/2010
Prazas
200
Programa
Inauguración
Mércores, 26 de maio de 2010.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A Lei 2/2010 de reforma da LOUGA: Un lugar para o encontro
Mércores, 26 de maio de 2010.

Revisión das diferentes normativas relacionadas co urbanismo desde unha perspectiva histórica, sobre todo no que respecta ao ámbito rural, e das principais novidades da Lei 2/2010. Resumo das diferentes normativas urbanísticas que se aplicaron desde os anos 70 e como foi evolucionando a visión dos espazos rurais e urbanos.

Explícase detalladamente a elaboración da última reforma da LOUGA, para a que se empregou como documento base un informe da FEGAMP e se tiveron en conta tanto as propostas feitas por outras organizacións como polos grupos parlamentarios e os colectivos de profesionais. Estas modificacións permitiron que os procesos ambiental e urbanístico converxan nun único expediente, que se reduciran os prazos de exposición pública e que moitas das competencias que antes pertencían á comunidade autónoma pasaran aos concellos.

Finalmente faise referencia á crise existente no rural, debida tanto ao despoboamento destas áreas coma ao declive das actividades primarias. A lexislación debe permitir a rexeneración do rural, favorecer o establecemento de novas vivendas e a creación de actividades relacionadas cos recursos.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Principios e bases da reforma operada pola Lei 2/2010.
Mércores, 26 de maio de 2010.

Principios e bases das reformas que leva a cabo a lei anterior. Esta norma ten como finalidade abordar o procedemento de aprobación dos plans, as súas dificultades e os seus desexos. Analízase a interrelación entre o valor económico xerado polas actividades relacionadas coa construción e a lei.

Relátase o proceso de creación da nova lei e os debates dos que foi obxecto facendo especial fincapé na situación dos enclaves industriais xurdidos á marxe do planeamento e nas construcións realizadas en solo rústico. Tamén se analiza a relación entre a nova lei e os plans xerais, e o compoñente ambiental das accións urbanísticas.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Innovacións en materia de planeamento e avaliación ambiental
Mércores, 26 de maio de 2010.

Análise da lei 2/2010 tendo en conta os seguintes aspectos: a reforma da tramitación do planeamento, o incremento das competencias municipais, a integración e a simplificación de procedementos, a integración da avaliación ambiental estratéxica no contido do planeamento, a modificación do réxime urbanístico do solo rural e o reforzo da seguridade xurídica e do tráfico inmobiliario. Esta lei establece unha nova figura que é o plan especial do núcleo rural, de competencia municipal. Créase un planeamento exclusivo e específico para eses núcleos, que antes non existía, establecendo así un instrumento específico para estes casos sen necesidade de acudir a ningún elemento externo.

Tamén se fai referencia ás innovacións en materia de planeamento e tramitacións contidas nos artigos 84-86, ao proceso de inserción das memorias ambientais e á creación do anteproxecto de plan xeral que incorpora os criterios que van servir para elaboración e avaliación do plan xeral.

Finalmente faise referencia aos plans especiais de mellora, rehabilitación e protección dos núcleos rurais, aos plans de sectorización e aos plans especiais non previstos no planeamento xeral.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O estatuto xurídico do solo rústico e do solo do núcleo rural tras a Lei 2/2010
Mércores, 26 de maio de 2010.

Explicación das singularidades que presenta a regulación do solo rústico e do solo dos núcleos rurais na lei 2/2010. Comeza por referir as modificacións sufridas pola LOUGA desde a súa creación, sobre todo aquelas relacionadas coa tramitación, coa clasificación do solo e coa reposición da calidade. Coas medidas adoptadas na nova lei preténdese frear a sangría de poboación no rural e crear asentamentos que permitan facer atractivo o vivir no campo. Esta normativa aposta pola conservación dos núcleos rurais pero tendo en conta unha certa renovación, o que leva implícito permitir aqueles usos complementarios que garden relación directa cos tradicionalmente ligados ao rural e que dean resposta ás necesidades da poboación residente nas mesmas.

Resáltase a importancia do solo rústico, facendo referencia ás evolucións legais, tanto na normativa estatal como autonómica.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A reposición da legalidade urbanística na Lei 2/2010
Mércores, 26 de maio de 2010.

Presentación dos motivos que levaron á creación da Lei 2/2010, que ten como principal finalidade abordar os problemas prácticos da antiga lexislación vixente (lei 9/2002). As disfuncións entre estas dúas normativas levaron a un distanciamento entre o que está permitido e o que se aplica na realidade, polo que as reformas propostas pretenden reconducir as situacións que estaban fóra la legalidade urbanística.

Analízanse detalladamente os apartados da lei que afectan directamente ao réxime de reposición da legalidade urbanística: artigos 210, que regula as obras rematadas sen licenza, e 214, sobre protección da legalidade sobre solo rústico. Tamén se comentan tres disposicións transitorias fundamentais: a undécima, sobre exposicións e instalacións relacionadas coa actividade agropecuaria e de serradoiros, a duodécima, sobre explotacións mineiras, e a décimo terceira, sobre asentamentos xurdidos á marxe do planeamento.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura.
Mércores, 26 de maio de 2010.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia