Revisión das diferentes normativas relacionadas co urbanismo desde unha perspectiva histórica, sobre todo no que respecta ao ámbito rural, e das principais novidades da Lei 2/2010. Resumo das diferentes normativas urbanísticas que se aplicaron desde os anos 70 e como foi evolucionando a visión dos espazos rurais e urbanos.
Explícase detalladamente a elaboración da última reforma da LOUGA, para a que se empregou como documento base un informe da FEGAMP e se tiveron en conta tanto as propostas feitas por outras organizacións como polos grupos parlamentarios e os colectivos de profesionais. Estas modificacións permitiron que os procesos ambiental e urbanístico converxan nun único expediente, que se reduciran os prazos de exposición pública e que moitas das competencias que antes pertencían á comunidade autónoma pasaran aos concellos.
Finalmente faise referencia á crise existente no rural, debida tanto ao despoboamento destas áreas coma ao declive das actividades primarias. A lexislación debe permitir a rexeneración do rural, favorecer o establecemento de novas vivendas e a creación de actividades relacionadas cos recursos.