Presentación dos motivos que levaron á creación da Lei 2/2010, que ten como principal finalidade abordar os problemas prácticos da antiga lexislación vixente (lei 9/2002). As disfuncións entre estas dúas normativas levaron a un distanciamento entre o que está permitido e o que se aplica na realidade, polo que as reformas propostas pretenden reconducir as situacións que estaban fóra la legalidade urbanística.
Analízanse detalladamente os apartados da lei que afectan directamente ao réxime de reposición da legalidade urbanística: artigos 210, que regula as obras rematadas sen licenza, e 214, sobre protección da legalidade sobre solo rústico. Tamén se comentan tres disposicións transitorias fundamentais: a undécima, sobre exposicións e instalacións relacionadas coa actividade agropecuaria e de serradoiros, a duodécima, sobre explotacións mineiras, e a décimo terceira, sobre asentamentos xurdidos á marxe do planeamento.