Explicación das singularidades que presenta a regulación do solo rústico e do solo dos núcleos rurais na lei 2/2010. Comeza por referir as modificacións sufridas pola LOUGA desde a súa creación, sobre todo aquelas relacionadas coa tramitación, coa clasificación do solo e coa reposición da calidade. Coas medidas adoptadas na nova lei preténdese frear a sangría de poboación no rural e crear asentamentos que permitan facer atractivo o vivir no campo. Esta normativa aposta pola conservación dos núcleos rurais pero tendo en conta unha certa renovación, o que leva implícito permitir aqueles usos complementarios que garden relación directa cos tradicionalmente ligados ao rural e que dean resposta ás necesidades da poboación residente nas mesmas.
Resáltase a importancia do solo rústico, facendo referencia ás evolucións legais, tanto na normativa estatal como autonómica.