Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU11024 - Xornada sobre Introdución e aplicación do Esquema Nacional de Interoperabilidade nas Administracións Públicas
Imaxe Curso/Xornada

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia e
Club de Innovación, convídanlle a participar na xornada de formación e debate que ten por obxectivo
analizar a problemática derivada da entrada en vigor do Esquema Nacional de Interoperabilidade,
Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, de obrigado cumprimento polas diferentes administracións
públicas.
A xornada permitirá tanto aos responsables políticos, como aos das áreas técnicas, organizativas e
xurídicas, familiarizarse coas novas normativas, as súas esixencias de cumprimento e as formas de
responder á súa correcta aplicación, a través de sesións de formación específica, relatorios e mesa
redonda con posterior debate e conclusións.
Contará coa presenza de responsables da Xunta de Galicia, da EGAP, da Federación Galega de
Municipios e Provincias, e representantes de deputacións e concellos galegos, ademais de expertos na
materia e responsables da empresa patrocinadora.
Colaboran a EGAP, a FEMP, a FGAMP e COSITAL de Galicia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
11/05/2011
Fin
11/05/2011
Prazas
300
Programa
Apertura
Mércores, 11 de Maio de 2011.

Interveñen:
D. Jaime Barros Leboreiro. Subdirector xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade. Xunta de Galicia.
D. Pablo Figueroa Dorrego. Director da Escola Galega de Administración Pública.
D. Patricio Gil. Director Consultoría Sector Público de Deloitte.
D. Miguel Ángel de Bas. Socio Director de Club de Innovación

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Introdución ao ENI e folla de ruta para a súa aplicación
Mércores, 11 de Maio de 2011.

O primeiro relatorio da xornada foi a cargo de Óscar Rozalén, xerente de área de Technology Advisory de Deloitte, quen co título "Introdución ao ENI e folla de ruta para a súa aplicación" entrou no orixe do ENI no marco da Lei 11/2007. Desgranou os seus contidos e requirimentos con detalle, expoñendo un caso práctico realizado unha administración. Finalizou dando recomendacións de aplicacións de metodoloxías que permiten facilitar a posta en marcha do ENI nas diferentes administracións.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Aplicación práctica do ENI nas Administracións Públicas
Mércores, 11 de Maio de 2011.

A finalidade do ENI é a creación das condicións necesarias para garantir o adecuado  nivel de interoperabilidade técnica, semántica e organizativa dos sistemas e aplicacións empregados polas Administracións públicas, que permita o exercicio dos dereitos e o cumprimento de deberes a través do acceso electrónico aos servizos públicos, á vez que redunda en beneficio da eficacia e da eficiencia.

Formúlase unha sesión eminentemente formativa e práctica coa análise de cada unha das sete normas de interoperabilidade.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Experiencias e proposta de aplicación do ENI nas AA.PP.
Mércores, 11 de Maio de 2011.

Interveñen:
Dª María José García Sexto. Subdirectora xeral de Sistemas de Información e Modernización da Administración Pública da Xunta de Galicia.
D. Amancio Varela García. Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra. "eDepo: a interoperabilidade desde unha perspectiva integral"
D. José Enrique Rodríguez Coello. Proxectos Europeos e asesor da presidencia da Deputación de Lugo.
D. Ramón Álvarez Veiras. Técnico Superior en Informática, Departamento de Comunicacións e Sistemas do Concello da Coruña.
D. Vicente Calvo del Castillo. Interventor do Concello de Ferrol e representante de COSITAL de Galicia.

14:00 Coloquio
Coas persoas que interveñen na xornada.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Clausura
Mércores, 11 de Maio de 2011.
D. Carlos Antonio Fernández Castro. Presidente da FEGAMP.
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212