O primeiro relatorio da xornada foi a cargo de Óscar Rozalén, xerente de área de Technology Advisory de Deloitte, quen co título "Introdución ao ENI e folla de ruta para a súa aplicación" entrou no orixe do ENI no marco da Lei 11/2007. Desgranou os seus contidos e requirimentos con detalle, expoñendo un caso práctico realizado unha administración. Finalizou dando recomendacións de aplicacións de metodoloxías que permiten facilitar a posta en marcha do ENI nas diferentes administracións.