Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU08003 - Xornadas sobre os riscos naturais é as posibles respostas fronte a eles
Imaxe Curso/Xornada

Os riscos naturais implican un perigo crecente para o normal desenvolvemento da sociedade. O cambio climático e as ondas estrañas constitúen dous exemplos destes riscos. Aínda así, estes riscos poden controlarse perfectamente dun xeito económico e que amais supoña ganancias de riqueza para a sociedade. Para conseguilo cómpre coñecer os riscos, as reaccións sociais cara a estes, e as novas teorías que enfrontan a economía desde unha postura de non-equilibrio.
A xornada estrutúrase en dous bloques: no primeiro describiranse os dous problemas mencionados, o cambio climático e as ondas estrañas, pola súa importancia, e porque representan dous bos exemplos de riscos naturais aos que o ser humano estivo exposto desde sempre, e que arestora están nun proceso de aceleración.
No segundo bloque analizaranse as reaccións sociais fronte ao risco e as respostas posibles tanto desde un punto de vista social como empresarial e económico. Insistirase sobre todo neste último aspecto porque na economía tradicional adóitase dicir que é demasiado «caro» atallar os riscos, verbi gratia, a adopción de medidas contra o cambio climático. Os resultados das novas teorías económicas, non lineais e afastadas do equilibrio indican que non só non é custoso combater os riscos, senón que é altamente beneficioso para a sociedade.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
31/01/2008
Fin
01/02/2008
Prazas
200
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212