Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU08005 - Xornadas Cumprindo con Europa: a contratación pública de hoxe
Imaxe Curso/Xornada

O Estado español acaba de aprobar a Lei de Contratos do Sector Público, norma coa que quere dar cumpro – aínda sexa con retraso – aos mandatos europeos.
Europa adoptou no 2004 un paquete de medidas lexislativas que simplificaban e modernizaban a contratación pública europea e que pretendía abrir o Mercado Único, garantindo a competencia entre empresas, un mellor uso do diñeiro público, e a mellora da calidade dos servizos prestados. O 31 de xaneiro do 2006 vencía o prazo para que os Estados Membros adaptasen as súas lexislacións aos mandatos das novas Directivas europeas en materia de contratos públicos, pero son moitos os Estados que o fixeron con retraso.

As novas Directivas, e con elas a nova lei española, perseguen principalmente dous obxectivos: simplificar e clarificar o sistema lexislativo existente ata a data e – segundo – adaptalo as novas necesidades públicas nun contexto económico cambiante como consecuencia da liberalización das telecomunicacións, ou a transición a unha nova economía. Co fin de asegurar a transparencia dos procedementos de adxudicación e combater os ataques ao medio, as políticas antisociais, e a corrupción e o crime organizado, a nova lexislación europea incluíu tamén medidas deseñadas para clarificar os criterios de selección de licitadores. Inclúen ademais as pautas para avanzar en Europa cara a unha contratación electrónica que substitúa á do método clásico ou pretendendo así orientar a contratación administrativa tradicional cara á contratación electrónica.

O obxectivo principal destas xornadas é presentar e explicar as Directivas sobre contratación pública dun xeito claro e accesible, e analizar a nova Lei de Contratos do Sector Publico do Estado á luz destas Directivas e da Xurisprudencia do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. Trataremos a importancia da contratación pública en Europa, a evolución do dereito comunitario, a súa transposición en España por medio da recentemente aprobada nova Lei de Contratos do Sector Público e os cambios que todo iso esta implicando para os xestores públicos de todos os ámbitos. Ofreceremos aos participantes dende unha óptica eminentemente práctica os aspectos máis relevantes da nova lexislación e a súa posta en práctica na primeira década do Século XXI.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
santiago
Inicio
26/03/2008
Fin
27/03/2008
Prazas
200
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212