Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU08007 - Xornadas Democracia e relixión
Imaxe Curso/Xornada

Baixo o rótulo de Democracia e relixión, este programa afronta un dos maiores, e máis constantes, problemas das sociedades, e que é o que se deriva da existencia histórica de dúas concepcións do mundo en torno á organización do goberno da Comunidade Política, e que pugnan por conseguir o poder nesta. A concepción democrática afirmará que ao ser a Comunidade unha obra terreal e temporal debida aos homes, o seu goberno ha de corresponder a unha autoridade tamén temporal e terreal, e, en consecuencia, elevará ao Pobo á condición de único suxeito lexitimado para decidir os modos e as formas en que a Comunidade Política democrática ha de ser gobernada no futuro. Pola súa parte, a concepción relixiosa do mundo, fundamentada na natureza sacra da vida pública e partindo da negación da capacidade do home para decidir libremente sobre un destino que foi marcado pola divindade, reivindicará para as súas respectivas xerarquías o poder absoluto na Comunidade Política, e non só no que se refire á vida espiritual dos homes, senón tamén respecto das cuestións temporais e terreais. Esta situación xerará un enfrontamento político e existencial que, non afectando para nada á liberdade de conciencia e de culto individual, se concretará nunha loita polo poder entre as autoridades democráticas do Estado, que han de lexislar para todos os seus cidadáns con independencia das súas crenzas relixiosas, e as diversas organizacións relixiosas, desexosas de impoñer os seus credos privativos a todos. O reto do Estado, dende o mesmo momento do seu nacemento ata os nosos días, e moito máis cando este é democrático, consistirá en superar este conflito mediante unha organización xurídica e política da sociedade na que, respectando as crenzas individuais e privadas de todos, o seu goberno responda á vontade, terreal e temporal, dos seus cidadáns. Ao estudo desta problemática está destinado este curso, no que diversos especialistas encadrarán as relacións entre Democracia e relixión no contexto da Constitución española de 1978.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
09/04/2008
Fin
10/04/2008
Prazas
200
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212