A UE reitera frecuentemente nos seus comunicados sobre política enerxética que o sector público debe poñer especial empeño no pulo do aforro e da eficiencia enerxética, tanto polo potencial de aforro existente como polo seu papel exemplarizante cara á sociedade, o que obriga e esixe manter os consumos enerxéticos dentro dunhas marxes controladas.
A oportunidade desta Xornada está ademais reforzada polas novas modalidades de contratación da electricidade, polas últimas tecnoloxías en aforro enerxético en iluminación pública e pola dinamización do mercado de servizos enerxéticos.
SANTIAGO |
Saúdo e benvida a cargo de:
Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública.
Eliseo Diéguez García, director do Instituto Enerxético de Galicia.
Este realtorio incide na necesidade de introducir nos concellos a cultura do aforro e da eficiencia enerxética, facendo fincapé en que a enerxía máis barata e limpa é a que non se consome. Achega datos sobre a distribución da demanda mundial de enerxía, o incremento do consumo, a dependencia enerxética na Unión Europea e a evolución do consumo en España e Galicia.
Análise do sector eléctrico (infraestruturas e balances enerxéticos), da produción de electricidade (funcionamento do mercado de xeración), do subministro de electricidade (opcións, custos, supresión da tarifa regulada, contratación no mercado liberalizado, alternativas no mercado e comparación de ofertas) e da contratación para as Administracións públicas.
Este relatorio analiza a eficiencia enerxética no alumeado público, as tecnoloxías relacionadas con este eido e a xestión da iluminación.
Neste relatorio do Inega expóñense uns obxectivos de aforro e as actuacións sectoriais a través das cales se vai conseguir ese aforro. Fai fincapé nos consumos do sector municipal, nas posibilidades de actuación, no apoio e financiamento e no potencial de aforro.
Inclúe referencias ao marco normativo e ás empresas de servizos enerxéticos, e unha análise das dificultades de implantación das medidas.