Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU14007 - I Seminario sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da U.E. na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, cofinanciado pola Comisión Europea marco programa Hércules II
Imaxe Curso/Xornada

Neste seminario internacional, centrado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, analizaranse diversos aspectos da protección dos intereses financeiros da Unión Europea na súa relación coa transparencia das administracións públicas, con especial atención ao control da xestión dos fondos da Unión Europea e as medidas de transparencia nos contratos públicos. En concreto, fixáronse os seguintes obxectivos:
• Concienciar os empregados públicos e responsables políticos sobre a importancia da protección dos intereses financeiros da Unión Europea, especialmente en relación coa xestión dos fondos da Unión Europea.
• Difundir boas prácticas sobre a xestión e control dos fondos da Unión Europea.
• Dar a coñecer as novas medidas de transparencia para evitar a fraude e a corrupción que a Xunta de Galicia ten como obxectivo poñer en práctica, sobre todo en materia de contratos públicos.
• Promover a cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para a protección dos intereses financeiros da Unión Europea.
• Promover o debate social e político sobre a necesidade de mellorar a transparencia administrativa para previr a fraude e a corrupción.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
19/03/2014
Fin
20/03/2014
Prazas
289
Programa
Inauguración do I Seminario internacional de transparencia administrativa
Mércores, 19 de Marzo de 2014.
Inauguración do I Seminario internacional de transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da Unión Europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
  •  
    •   Imaxes
    •   Video

O Dereito das axudas de Estado ante a crise económica
Mércores, 19 de Marzo de 2014.
O Dereito das axudas de Estado ante a crise económica
Germán Fernández Farreres. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Complutense de Madrid.
  •  
    •   Imaxes
    •   Video

Reforma da normativa europea sobre contratación administrativa e transparencia na contratación por parte do sector público
Mércores, 19 de Marzo de 2014.
Reforma da normativa europea sobre contratación administrativa e transparencia na contratación por parte do sector público
José María Gimeno Feliu. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza.
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Docs

O control da xestión dos fondos europeos polas Administracións públicas
Mércores, 19 de Marzo de 2014.
O control da xestión dos fondos europeos polas Administracións públicas
Moderadora: Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública
Interveñen: Ana Mª Cores González, directora xeral de Proxectos e Fondos Europeos; José Manuel Rey Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP); Carlos Varela García, fiscal superior da Comunidade Autónoma de Galicia; e José Manuel Pardella Rivera, interventor xeral da Deputación Provincial da Coruña.
  •  
    •   Imaxes

Cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e protección dos intereses financeiros da Unión Europea
Mércores, 19 de Marzo de 2014.
Cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e protección dos intereses financeiros da Unión Europea
Moderadora: Isabel Lirola Delgado, profesora titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.
Interveñen: Paulo Cunha, presidente da Cámara Municipal (Alcalde) de Vila Nova de Famaliçao e presidente do Conselho Regional da Regiãoo Norte de Portugal; Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico; José Alberto Pazos Couñago, director xeral de Administración Local; e Miguel Ángel Rodríguez, xornalista especializado en economía e excorrespondente económico de La Voz de Galicia.
  •  
    •   Imaxes

Calidade regulatoria e transparencia administrativa na execución do Dereito da UE: incidencia na cooperación territorial europea e na xestión dos Fondos da UE
Xoves, 20 de Marzo de 2014.
Calidade regulatoria e transparencia administrativa na execución do Dereito da UE: incidencia na cooperación territorial europea e na xestión dos Fondos da UE
José Manuel Blanco González. Subdirector xeral de Análise e Programación da Dirección Xeral de Exteriores e Relacións coa Unión Europea.
  •  
    •   Imaxes
    •   Present

Vinculacións do dereito da Unión Europea e debilidades do sistema financeiro público portugués
Xoves, 20 de Marzo de 2014.
Vinculacións do dereito da Unión Europea e debilidades do sistema financeiro público portugués
Joaquim Manuel Freitas da Rocha. Profesor auxiliar da Escola de Direito da Universidade do Minho.
  •  
    •   Imaxes

A transparencia administrativa no código portugués dos contratos públicos
Xoves, 20 de Marzo de 2014.
A transparencia administrativa no código portugués dos contratos públicos
Mário Aroso de Almeida. Profesor asociado da Escola de Direito da Universidade Católica Portuguesa.
  •  
    •   Imaxes

Novas medidas para a transparencia e eficiencia na contratación por parte do sector público galego
Xoves, 20 de Marzo de 2014.
Novas medidas para a transparencia e eficiencia na contratación por parte do sector público galego
Moderador: Luis Míguez Macho, decano da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
Interveñen: Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa; Beatriz Allegue Requeijo, letrada-xefe do Gabinete de Asesoramento e Apoio á actualización normativa (Asesoría Xurídica Xeral); e Javier Garrido Valenzuela, presidente do Club Financeiro de Vigo-Círculo de Empresarios de Galicia.
  •  
    •   Imaxes

O rol do Tribunal de Contas Europeo no control dos fondos públicos da Unión Europea
Xoves, 20 de Marzo de 2014.
O rol do Tribunal de Contas Europeo no control dos fondos públicos da Unión Europea
Baudilio Tomé Muguruza. Membro do Tribunal de Contas Europeo.
  •  
    •   Imaxes

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212