Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU14013 - Xornadas sobre as novas directivas de contratación pública e a súa transposición
Imaxe Curso/Xornada

A contratación pública desempeña un papel clave na Estratexia Europa 2020, como un dos instrumentos baseados no mercado interior que deben ser utilizados para conseguir un crecemento intelixente, sostible e integrador, garantindo ao mesmo tempo un uso con maior racionalidade económica dos fondos públicos.
Con ese fin, a Unión Europea considerou que deben revisarse e modernizarse as vixentes normas sobre contratación pública, que posibiliten incrementar a eficiencia do gasto público, facilitando en particular a participación das pequenas e medianas empresas (PEME) na contratación pública, así como permitir que os poderes públicos empreguen a contratación pública en apoio de obxectivos sociais comúns.
Así mesmo, facíase preciso aclarar determinadas nocións e conceptos básicos para garantir a seguridade xurídica, e incorporar diversos aspectos resaltados por reiterada xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa á contratación pública.
Por outro lado, a transposición das directivas 2014/23, 2014/24 e 2014/25 antes do 18 de abril de 2016 vai a coincidir co despregamento efectivo e xeneralizado do novo período 2014-2020 de programación plurianual dos Fondos Europeos, que pode estender os seus efectos financeiros ata 2023. Por isto resulta imprescindible que as AA.PP. estean preparadas para a inmediata aplicación das normas que as traspoñan. A difusión e coñecemento exhaustivo das novas directivas permitirá evitar así incorrer en supostos de futuras e hipotéticas correccións financeiras, motivadas por diverxencias de criterio coa Comisión Europea en canto á interpretación destas. En suma, a correcta praxe na xestión dos Fondos da UE esixe coñecer en profundidade esta normativa mesmo antes do prazo límite de transposición.
Galicia, pola súa dobre condición de beneficiaria deses Fondos e de integrante da Euroregión co Norte de Portugal, que debe axudar a mellorar a contratación transfronteiriza que tamén pretende impulsar esta reforma, ten que realizar un singular esforzo de adaptación ao novo marco legal europeo. Polo cal, a EGAP considerou prioritario situarse á vangarda neste cambio e ser un dos primeiros centros de formación de funcionarios en transmitir os coñecementos indispensables para culminar unha correcta transición cara á aplicación do novo ámbito xurídico.
Deste xeito, a EGAP deseñou unhas Xornadas nas que se contrastarán as visións da Comisión Europea, institución garante da estrita e puntual aplicación das novas directivas, de altos representantes da Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o rigor técnico-xurídico de especialistas universitarios de recoñecida experiencia na materia.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
18/09/2014
Fin
19/09/2014
Prazas
286
Programa
A adaptación do Dereito español da contratación pública ás directivas europeas: balance e perspectivas
Xoves, 18 de Setembro de 2014.
A adaptación do Dereito español da contratación pública ás directivas europeas: balance e perspectivas
Juan José Lavilla Rubira, letrado das Cortes Xerais
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Desafíos das CCAA ante o novo marco europeo de contratación pública
Xoves, 18 de Setembro de 2014.
Desafíos das CCAA ante o novo marco europeo de contratación pública
Isabel Torralba Mena, xefa do Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

O proceso de mellora permanente na contratación pública
Venres, 19 de Setembro de 2014.
O proceso de mellora permanente na contratación pública: experiencia do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais ante as novas directivas de contratación
Juan José Pardo García-Valdecasas, presidente do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

As novas directivas europeas de contratación pública e a Estratexia Europa 2020
Venres, 19 de Setembro de 2014.
As novas directivas europeas de contratación pública e a Estratexia Europa 2020: orientacións da Comisión Europea en liña co mercado interior
José María Gimeno Feliú, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A transposición das directivas 2014/23, 2014/24 e 2014/25
Venres, 19 de Setembro de 2014.
A transposición das directivas 2014/23, 2014/24 e 2014/25: análise comparada no ámbito europeo e internacional
Santiago González-Varas Ibáñez, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Alicante
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Transposición das novas directivas de contratación pública
Venres, 19 de Setembro de 2014.
Transposición das novas directivas de contratación pública: similitudes e diferenzas respecto do marco vixente en España
Martín María Razquin Lizarraga, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Pública de Navarra
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212