Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU14015 - Xornada: Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos
Imaxe Curso/Xornada

A Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, no artigo 4, recolle os principios inspiradores da actividade de comunicación audiovisual da Corporación RTVG, entre os que se encontran os seguintes:
- O respecto e a defensa dos principios que informan a Constitución Española e o Estatuto de autonomía de Galicia e dos dereitos e liberdades que neles se recoñecen e garanten.
- O respecto á dignidade humana, ao honor, á intimidade persoal e á propia imaxe.
- A protección da xuventude e da infancia.
- A separación entre informacións e opinións, a identificación de quen sustenta estas últimas e a súa libre expresión dentro dos límites constitucionais e estatutarios.
Pola súa banda o art.º 20 .1 da Constitución recoñece o dereito fundamental a recibir e comunicar información veraz polo que é preciso conciliar os intereses mediáticos -que deben estar dirixidos a construír unha opinión pública plural- coas garantías procesuais das partes intervenientes nos procesos xudiciais, cos dereitos fundamentais á honra, a intimidade ou a propia imaxe, e coa protección de datos. Moi especialmente, con respecto aos menores afectados por informacións xudiciais.
A EGAP deseñou unha xornada na que se abordan, entre outras cuestións, o dereito á información e os seus límites, o emprego de datos, imaxes ou comentarios extraídos da rede con fins informativos ou de investigación xornalística, os xuízos paralelos e os límites da publicidade procesual, o tratamento informativo en relación coas vítimas, e o populismo mediático. Temas que gardan relación cos conflitos entre honra, intimidade, imaxe e liberdade de información son fonte de inseguridade xurídica e que deron lugar a un número importante de demandas civís e penais. Proba diso é a diversidade das resolucións dos tribunais, tan casuísticas como imprevisibles, e as dúbidas dos letrados entre acudir á vía penal ou á civil.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO1
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
28/10/2014
Fin
28/10/2014
Prazas
286
Programa
A Lei 19/2013, do 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a súa incidencia nos entes públicos de comunicación
Martes, 28 de Outubro de 2014.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a súa incidencia nos entes públicos de comunicación
José Ramón Chaves García, maxistrado especialista do Contencioso-Administrativo da Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Inauguración da xornada sobre Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos
Martes, 28 de Outubro de 2014.
Inauguración da xornada sobre Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Emprego de datos persoais recollidos de internet ou redes sociais con fins informativos ou de investigación xornalística
Martes, 28 de Outubro de 2014.
Emprego de datos persoais recollidos de internet ou redes sociais con fins informativos ou de investigación xornalística. Especial referencia á utilización de imaxes e datos de menores de idade.
Víctor Salgado Seguín, avogado-socio do bufete Pintos&Salgado, especializado en Dereito informático
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A protección da intimidade fronte a gravacións de imaxes e conversas
Martes, 28 de Outubro de 2014.
A protección da intimidade fronte a gravacións de imaxes e conversas
Carmen Juanatey Dorado, catedrática de Dereito penal da Universidade de Alacant
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Os xuízos paralelos en medios de comunicación
Martes, 28 de Outubro de 2014.
Os xuízos paralelos en medios de comunicación
Jordi Nieva Fenoll, catedrático de Dereito procesual da Universidade de Barcelona
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda: A formación da opinión pública e o tratamento dos temas penais nos medios de comunicación
Martes, 28 de Outubro de 2014.
Mesa redonda: A formación da opinión pública e o tratamento dos temas penais nos medios de comunicación
Moderadora: Ana Martínez Pedrosa, delegada da axencia EFE en Galicia
Integrantes:
Antonio Roma Valdés, fiscal
Xosé Luis Vilela Conde, director de La Voz de Galicia
Gumersindo Guinarte Cabada, profesor titular de Dereito penal da USC e director do Instituto de criminoloxía da USC
Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212