Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU15004 - Xornada sobre Harmonización fiscal
Imaxe Curso/Xornada

No proceso de construción da Unión Europea asistimos a un avance na integración monetaria, non así noutros ámbitos tales como o da institucionalización política e a harmonización fiscal. O que no seu día se chamou método Monnet de construción do proceso de integración europea parece esgotado, pois a técnica funcionalista baseada na idea de que os pequenos pasos na integración dos mercados levaría consigo a integración institucional e política, non funcionou como se esperaba.
As tensións e desequilibrios que os distintos países europeos viviron como consecuencia da última recesión económica, pon en evidencia que só a política monetaria non pode corrixir os shocks idiosincráticos dos países membros. A falta de integración fiscal produce desequilibrios cando temos unha soa moeda e dezaoito políticas fiscais diferentes, o que exacerba o risco de contaxio de tensións que se poidan producir nos mercados de débeda e, con iso, a supervivencia da propia moeda única.
Esta xornada pretende poñer o foco no debate aberto sobre estes aspectos.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
28/04/2015
Fin
28/04/2015
Prazas
298
Programa
A harmonización fiscal europea
Martes, 28 de Abril de 2015.
A harmonización fiscal europea
Luis Caramés Viéitez. Catedrático de Facenda Pública da USC
  •  
    •   Video
    •   Audio

A harmonización fiscal na UE. O estado da cuestión.
Martes, 28 de Abril de 2015.
A harmonización fiscal na UE. O estado da cuestión.
Valentí Pich Rosell. Presidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España.
  •  
    •   Video
    •   Audio

É posible continuar coa UE sen unha verdadeira unión política?
Martes, 28 de Abril de 2015.
É posible continuar coa UE sen unha verdadeira unión política?
Andrés Faíña Medín. Catedrático de Fundamentos da Análise Económica da UDC. Catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea.
  •  
    •   Video
    •   Audio

Máis alá da Unión Monetaria: a harmonización orzamentaria, fiscal e económica
Martes, 28 de Abril de 2015.
Máis alá da Unión Monetaria: a harmonización orzamentaria, fiscal e económica
Antonio López Díaz. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, USC.
  •  
    •   Video
    •   Audio

A fraude fiscal na Unión Europea
Martes, 28 de Abril de 2015.
A fraude fiscal na Unión Europea
Miguel A. Vázquez Taín. Profesor titular de Facenda Pública, USC. Presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas.
  •  
    •   Video
    •   Audio

Conclusións da xornada sobre harmonización fiscal
Martes, 28 de Abril de 2015.
Conclusións da xornada sobre harmonización fiscal
María Cadaval Sampedro. Profesora de Facenda Pública, USC.
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212