Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU08009 - Xornadas administración de xustiza como servizo ao cidadán
Imaxe Curso/Xornada

Para cumprir as funcións esenciais que ten encomendadas, co fin de lograr e preservar unha convivencia ordenada, na que a coexistencia en liberdade sexa posible, a Administración de Xustiza, no noso Estado social e democrático de Dereito, ten que realizar numerosas e delicadas tarefas de forma cabal e razoablemente rápida, e de conformidade co ordenamento xurídico. Pero cada vez son máis as respostas que se esperan dela para novas e maiores necesidades e demandas sociais, e tamén para unha maior toma de conciencia da cidadanía dos seus dereitos. O aumento da poboación, a chegada masiva de persoas procedentes de culturas distintas, e o consecuente incremento do número de litixios; unha política criminal cuestionable en non poucos ámbitos, en materia de drogas de forma singular; as moitas voces, a miúdo atendidas, que reclaman que se criminalicen máis condutas e con penas máis severas (unha especie de cárcere para todos), en definitiva, o uso simbólico do Dereito Penal; o enfrontamento político en ámbitos nos que só se debería discutir a forma de encamiñar e resolver máis acertadamente os problemas, etc., viñeron acentuar e aumentar de xeito extraordinario a actividade xudicial e as queixas e denuncias conseguintes polo xeito de prestalas, non sempre ben fundadas nin ben intencionadas.
Ao aumento das esixencias dos particulares súmanse outras de orixe supranacional, e recorrentes problemas e debates en torno a temas como a investigación penal, a dobre instancia, a gobernanza dos xuíces, nunca pechadas de todo e non sempre formuladas desde unha perspectiva técnica.
Esta innegable realidade crea ou agrava cuestións e situacións xa complexas e problemáticas de por si, de cuxa boa resolución depende en gran medida a confianza da cidadanía nun poder, que, como todos, está ao seu servizo, e no propio sistema democrático, posto que aquel é o garante do respecto de todos, dos poderes públicos en especial, das regras de xogo establecidas, iguales para a totalidade das persoas, dos seus intereses individuais e dos valores proclamados e recoñecidos na Constitución. E, así mesmo, o poder xudicial é, non se debe esquecer, o garante, a última esperanza dos máis débiles fronte os atropelos que poden sufrir a mans doutras persoas ou das administracións públicas.
Para reflexionar sobre algunhas das cuestións apuntadas, en busca de mellores solucións para estas, coa menor carga posible de prexuízos, están dedicadas estas xornadas.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
CORUÑA
Localidade
A CORUÑA
Inicio
26/06/2008
Fin
27/06/8
Prazas
200
Programa
A administración de xustiza como servizo ao cidadán
Xoves, 26 de Xuño de 2008.

  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212