J. H. H. Weiler é catedrático e director do centro Jean Monnet para a xustiza e o dereito económico rexional e internacional da Universidade de Nova York. Anteriormente, ocupou unha cátedra na Facultade de Dereito de Michigan, e con posterioridade ostentou as cátedras Manley Hudson e Jean Monnet da Facultade de Dereito de Harvard. Estudou Dereito nas universidades de Sussex (licenciatura), Cambridge (licenciatura e máster) e no Instituto Universitario Europeo (doutorado). Foi investido como doutor Honoris Causa por diversas universidades. Weiler é xefe de redacción da EJIL –a Revista Europea de Dereito Internacional– e de ICON –a Revista Internacional de Dereito Constitucional–.
Desempeñou varios cargos como asesor dalgunhas institucións da Unión Europea. Tamén foi mediador en varias causas internacionais e, recentemente, representou á parte gañadora no proceso Lautsi ante a Gran Sala do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (sobre crucifi xos nas aulas).
Entre as súas publicacións atopamos Un’Europa Cristiana, traducida a nove idiomas, The Constitution of Europe – “Do the New Clothes Have an Emperor?”, traducida a sete idiomas,
e unha novela, Der Fall Steinmann.
SANTIAGO |
O catedrático basea a súa conferencia na idea de que a organización democrática non formaba parte do ADN orixinal da integración europea, o cal serve como explicación da súa actual crise institucional. O profesor pon de manifesto a carencia nas institucións da UE dos tres signos fundamentais que caracterizan a unha organizacion democrática: a ausencia de partidos políticos, a falta de representación do pobo e a falta de responsabilidade. Deste xeito, os cidadáns ven que non teñen capacidade de decisión e por iso mostran indiferencia nas eleccións europeas, ademais de que non comprenden as decisións tomadas pola UE.
Joseph Weiler fai referencia ao malestar que existe entre os estados membros e sinalou como causas un crónico déficit democrático, a crecente indiferenza dos cidadáns e a incapacidade de Europa para traducir o seu poder económico en político. Estes síntomas revélanse tanto no fracaso de proxectos europeos como a Constitución ou o Proceso de Lisboa como no continuo descenso da lexitimidade e da forza mobilizadora da Unión, cun contaxioso espallamento do antieuropeísmo nas políticas nacionais.