Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
PU18020 - Xornada sobre A Constitución española no seu corenta aniversario
Imaxe Curso/Xornada

A ciencia do dereito recoñece que a Constitución cumpre tres funcións esenciais: dar lexitimidade a quen exerce o poder político, recoñecer e garantir os dereitos e as liberdades da cidadanía e constituírse como lei suprema no conxunto do ordenamento xurídico. En concreto, a Constitución española de 1978, ademais de restablecer a democracia e o Estado de dereito tras décadas de autoritarismo, asentou as bases dunha economía de mercado con seguridade xurídica, unhas infraestruturas sólidas, uns servizos públicos de calidade e unha facenda pública con capacidade fiscal. A súa aprobación foi esencial para iniciar o camiño cara ao Estado de benestar e á cultura democrática que debe imperar nos territorios.
Con motivo do corenta aniversario da nosa Carta Magna, celébrase esta xornada co obxectivo de aludir ao seu valor e debater arredor da súa posible e controvertida reforma, o procedemento para levala a cabo e as consecuencias que se poidan producir.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
04/12/2018
Fin
04/12/2018
Prazas
286
Programa
Inauguración da xornada A Constitución española no seu corenta aniversario
Martes, 4 de decembro de 2018.
Inauguración da xornada A Constitución española no seu corenta aniversario 
  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda: A Carta Magna como punto de inflexión na historia de España e das súas institucións
Martes, 4 de decembro de 2018.
Mesa redonda: A Carta Magna como punto de inflexión na historia de España e das súas institucións
Moderadora: Rosa María Vilas Núñez, directora adxunta á Dirección Xeral da CRTVG
Interveñen:
  • Miguel Ángel Cadenas Sobreira, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
  • Tomás Ramón Fernández, catedrático de Dereito Administrativo, Universidade Complutense de Madrid
  • José Antonio Portero Molina, catedrático de Dereito Constitucional, Universidade da Coruña
  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda: Acerca da controvertida reforma constitucional e das súas posibilidades
Martes, 4 de decembro de 2018.
Mesa redonda: Acerca da controvertida reforma constitucional e das súas posibilidades
Moderador: Javier Ayuso Canals, periodista e analista político
Interveñen:
  • Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional, Universidade de Santiago de Compostela
  • Javier García Roca, catedrático de Dereito Constitucional, Universidade Complutense de Madrid
  • Javier Ruipérez Alamillo, catedrático de Dereito Constitucional, Universidade da Coruña
  • José Luis Carro Fernández-Valmayor, catedrático de Dereito Administrativo, profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela
  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda: O valor da Constitución
Martes, 4 de decembro de 2018.
Mesa redonda: O valor da Constitución
Moderadora: Sonia Rodríguez-Campos González, directora da EGAP
Interveñen:
  • José Suay Rincón, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo e catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria
  • Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado maior do Parlamento de Galicia
  • Francisco Caamaño Domínguez, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia
  •  
    •   Video
    •   Audio

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia