Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU22021 - Webinario O réxime do funcionario interino tras o Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Imaxe Curso/Xornada

No marco da loita xeral contra a precarización no emprego público, o Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, incorporou ao ordenamento español un novo artigo, o 10 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, que comporta a renovación técnica da figura do funcionario interino. E o fai mediante a imposición dunha temporalidade limitada, un maior distanciamento respecto da aplicación das regras previstas para a función pública de carreira e unha maior flexibilidade no réxime de nomeamentos e ceses de este persoal, de cara a garantir a adecuada utilización desta modalidade de persoal.

O obxectivo deste webinario é dar a coñecer a reforma contida no Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e en concreto, o estudo do alcance que ten respecto do réxime do persoal funcionario interino.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
TELEPRESENZA
Localidade
TELEFORMACIÓN
Inicio
22/09/2022
Fin
22/09/2022
Prazas
100
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212