Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7   Imagen 3 de 7  

    A EGAP destaca a labor de promoción e defensa da lingua galega levada a cabo por Carlos Casares

    A Escola / Venres, 12 de Maio de 2017.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta mañá as celebracións conmemorativas do Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado a Carlos Casares ao que asistiron Alfonso Rueda, vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP.


    Na súa intervención, o vicepresidente da Xunta destacou a figura de Casares como un dos máis grandes protagonistas da literatura recente, e eloxiou o traballo que realizou ao longo de toda a súa vida en defensa do uso do galego, e moi especialmente, o seu traballo para promover o uso da lingua entre os máis novos.

    Durante o acto, Sonia Rodríguez-Campos fixo referencia á importancia do Día das Letras Galegas para a EGAP, que desde o ano 1988 conmemora esta data, incidindo en que a súa celebración vai máis alá da obriga legal da difusión e normalización do idioma galego recollida na lei de creación do centro, senón que se realiza desde o convencemento de que a promoción e a defensa da lingua galega deben ser obxectivos intrínsecos ao traballo diario da institución.

    A directora da Escola resaltou a importancia da figura de Carlos Casares, un autor polifacético que durante a súa vida desenvolveu con éxito e de xeito paralelo carreiras como xornalista, deputado, escritor ou presidente do Consello da Cultura Galega. Ademais, sinalou que o acto literario celebrado hoxe serviu para lembrar a un galego que destacou como traballador inesgotable na promoción e na defensa da lingua.

    Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos quixo destacar a débeda dos galegos con Carlos Casares pola súa participación activa na política galega nos anos de transición e comezos da democracia, implicándose na reivindicación da autonomía para Galicia e na andadura inicial das institucións de autogoberno. Salientou o seu esforzo para a redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística no ano 1983 e da Lei de creación do Consello da Cultura Galega.

    O acto literario dedicado a Carlos Casares seguiu coa lectura de fragmentos literarios do por parte do escritor e articulista Xosé Carlos Caneiro aos que o cantautor Emilio Rúa lles puxo música.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 586 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212