Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP analizará a nova xeración de tratados de libre comercio no próximo número da A&C

    Publicacións / Martes, 30 de Maio de 2017.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido do volume 12, número 1, e planificar o número do seguinte semestre. 


    O próximo exemplar de Administración&Cidadanía, que estará dispoñible na web da EGAP nas próximas semanas, incluirá catro artigos nos que se analizarán polo miúdo os tratados de libre comercio, nos que se fará especial referencia ao Tratado Transatlántico de Libre Comercio (TTIP). Ademais, conterá textos sobre as vivendas de uso turístico en Galicia, o dereito de sufraxio universal para as persoas con discapacidade, a reforma dos regulamentos parlamentarios como instrumento para a rexeneración democrática ou a aplicación do marketing nos servizos sociais municipais, entre outros temas.

    O último número de Administración&Cidadanía completarase cunha recensión sobre o libro La corruzione amministrativa: cause, prevenziones e rimedi e unha crónica da xornada A cláusula de chan: transparencia, abusividade e recuperación de cantidades.

    Administración & Cidadanía é unha revista creada no ano 2006 que pretende ofrecer un novo enfoque sobre a realidade organizativa e xerencial da Administración pública e achegar novas perspectivas ao estudo dos procesos de intervención pública e do seu impacto desde as perspectivas económica, xurídica, política e sociolóxica.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 589 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212