Case todos os países que teñen leis sobre a competencia prohíben as condutas relacionadas cos cártel xa que o entenden como unha situación ilegal. Só Brasil, Canadá, Estonia, Irlanda, Israel, Corea, Xapón, Rusia, EE.UU., Reino Unido e Australia o consideran un delito. Destes unicamente EE.UU. impón penas privativas de liberdade. As penas pecuniarias son pouco efectivas xa que non superan os beneficios dos monopolios e acaban converténdose nun canon por infrinxir a lei; unha pena realmente disuasoria levaría a moitas empresas á bancarrota e ademais non se centran na persoa física. As sancións privativas de liberdade teñen certas vantaxes aínda que contan con obxeccións: o dano dos falsos positivos é demasiado elevado, non son consistentes coas normas legais e sociais e o aumento de custos asociado aos procesos penais non supera os beneficios.