Despois da presentación do curso superior de Técnico de Urbanismo, Jose Luis Meilán realiza unha exposición na que se formulan numerosos temas relacionados co urbanismo e a ordenación do territorio. Fai un percorrido histórico pola evolución das diferentes normativas que regularon o urbanismo, facendo referencias explícitas á Constitución, á lei do Solo de 1956, á lei 9/2002 e á lei 2/2010.
Realiza unha análise das competencias que teñen os diferentes órganos na elaboración de planeamentos urbanísticos e nos posibles conflitos, facendo fincapé nos límites dos concellos e das comunidades autónomas.
Finaliza o relatorio propoñendo alixeirar os contidos dos planeamentos xerais de urbanismo, dar maior importancia ao planeamento de desenvolvemento e revisar as competencias de cada organismo.