A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeiras Santos; e Manuela Lema Villar, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens. Con esta elección quérese recoñecer a herdanza cultural das cantareiras e o seu papel na conservación do idioma galego ao logo da historia.
A EGAP, como institución pública galega, súmase á súa homenaxe organizando un acto conmemorativo, así como unha viaxe de interese cultural.
SANTIAGO |