O curso ten, entre outros, os seguintes obxectivos:
• Dar a coñecer ao persoal da Administración pública en Galicia os obxectivos das políticas
europeas en materia de desenvolvemento urbano e territorial.
• Profundar na necesidade de incorporar esta visión e obxectivos estratéxicos da Estratexia
Europea 2020 na planificación municipal galega.
• Transmitir a necesidade de desenvolver este tipo de estratexias non só para optar a
fondos europeos do período 2014-2020, senón tamén como instrumento que permite aumentar
a capacidade de interlocución das entidades locais con axentes privados e outros
organismos de financiamento.
• Dar a coñecer unha metodoloxía e ferramentas de xestión de fondos europeos a través
da implementación das estratexias DUSI.
• Coñecer experiencias de referencia de desenvolvemento, implementación e xestión
das estratexias DUSI.
• Dar a coñecer unha metodoloxía para a confección de pregos públicos de licitación do
contrato de concesión de servizos e avaliación da estratexia.
• Formación básica para o control e interrelación con outros axentes/equipos internos e
externos intervenientes no proceso de elaboración de estratexias DUSI que permita unha
axeitada supervisión, xestión e avaliación do dito traballo.
SANTIAGO |