Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Abre o prazo de matrícula do Curso Superior para Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos centrado na administración Local

    Cursos / Mércores, 26 de Xaneiro de 2011.

    A Egap convoca, en colaboración coa Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, o III Curso superior de formación do enxeñeiro de camiños, canais e portos na Administración local.


    A terceira edición deste curso contará con 40 prazas ás que poderán acceder os enxeñeiros de camiños, canais e portos colexiados no Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos; os alumnos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña precolexiados ou os enxeñeiros civís pertencentes á Ordem dos Engenheiros de Portugal. O prazo de matrícula rematou o día 3 de febreiro.

    Para facilitar o acceso a esta formación, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos concederá unha bolsa para enxeñeiros en situación de desemprego laboral durante o 50% ou máis da duración do curso e para os alumnos da Universidade da Coruña.

    O curso terá unha duración de 120 horas lectivas (100 teóricas e 20 prácticas) que se impartirán en horario de tarde os venres e en horario de mañá os sábados desde o 18 de febreiro ata o 11 de xuño.

    Os principais obxectivos desta actividade formativa son complementar a formación dos enxeñeiros nas tarefas relacionadas coa Administración municipal, actualizar os conceptos urbanísticos de planificación e xestión, formar no diálogo con outras administracións e mellorar a súa competencia profesional. Para isto trataranse temas como as obrigas e competencias das entidades locais, as competencias dos enxeñeiros, os contratos do sector público, a prevención de riscos laborais, o uso de novas tecnoloxías, os plans urbanísticos e a lexislación sobre accesibilidade, entre outros.

    Ademais, este curso valorarase con 1 punto a aqueles alumnos/as aprobados/as que cumpran os requisitos para a aplicación do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública.

    Para máis información consultar a resolución do Dog (24 de xaneiro de 2011).

    Listado de admitidos no III Curso Superior de Formación de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos na Administración Local

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 8 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212