O Instituto de Administración Pública (INAP), en colaboración co Ministerio de Política Territorial e Administración Pública e as CCAA, convoca un curso sobre A xestión dos fondos estruturais da Unión Europea que terá lugar os días 6 e 7 de xullo na sede do INAP (R/ Atocha, 106. Madrid). O curso está dirixido a empregados públicos en activo dos corpos e escalas do subgrupo A1 e ao persoal laboral fixo asimilado das Administracións Públicas.
A inscrición no curso remata o día 20 de xuño e farase de forma telemática na páxina http://www.inap.es/web/guest/unión-europea#GFEUE, onde tamén figura o programa.
Este curso forma parte das medidas para formación de técnicos das Administracións Públicas que participan en ámbitos relacionados coas Institucións da Unión Europea e desenvolve o Plan Anual 2011 da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE).