O Inega convoca un curso de Xestor para a eficiencia enerxética dirixido a alumnos españois e portugueses que terá lugar, nos meses de setembro e outubro en Ourense e Vigo (dúas xornadas en cada unha).
Esta actividade, cunha duración total de 90 horas, está organizada polo Inega no marco do proxecto europeo GE2C´S do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP). Ten como finalidade formar a técnicos sobre a eficiencia enerxética a través da modalidade mixta (clases presenciais e teleformación).
A matrícula é gratuíta e o prazo de inscrición abre o 15 de xuño e remata o 31 de xullo. As solicitudes remitiranse a través da páxina web do Inega e/ou do proxecto GE2C.
Máis información en http://inega.es/informacion/formacion/ge2c.html.